Skip to main content
Alfoz

A piscina de Alfoz abrirá o 1 de xullo

Por 27 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz abrirá a piscina municipal o día 1 de xullo trala tempada de inverno e a preparación das instalacións para a súa segura utilización. Esta abrirá durante os meses de xullo e agosto completos.

O horario será de luns a domingo de 12.00 a 20.00 horas e o uso da mesma é totalmente gratuito, sendo un servizo fundamental durante o verán contando con dous vasos, un deles infantil, e unha amplia zona verde de lecer, servizo de socorrista, etc.