Skip to main content
AlfozDeportes AMARIÑAXA

Mañá abre a pista de pádel de Alfoz, que conta cun sistema de reservas dixital

Por 29 Xuño, 2022Sin comentarios

Dende mañá, 30 de xuño, e durante todos os días da semana os veciños alfocegos poderase desfrutar da pista de pádel municipal en horario de 8.00 a 00.00 horas.

Así, dende o Concello abriron unha nova sección na web municipal na que se poderá reservar o uso da instalación deportiva que é totalmente gratuíta.

Para realizar a reserva deberase ir á pestana da web pista de pádel e seguir as instruccións, despois recibirase un correo electrónico cun código numérico para introducir na pechadura electrónica e poder acceder.

O Regulamento de uso da pista de pádel está publicado na Sede Electrónica do Concello e tamén pódese ver usando o código QR dos carteis informativos situados na entrada da pista.

Para máis información ou dúbidas haberá que chamar ao teléfono 982 558 001.