Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros ten listas as bases do campamento de verán

Por 4 Xuño, 2022Xuño 5th, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros ten listas as bases e o programa do seu campamento de verán de xullo e agosto para os máis cativos da casa.

Así, durante quince días haberá unha diversidade de actividades educativas e lúdico-deportivas que farán desfrutar aos rapaces dunhas mañás moi entretidas e divertidas.

O ano pasado contou con talleres de música, robótica, xogos tradicionais e populares, xinkanas, xornada de reciclaxe, xogos cooperativos e con paracaídas, olimpiadas deportivas, xogos de pistas e busca, experimentos científicos, etc.Este ano aínda non están definido o programa pero irán debullando as actividades en breves.

Desenvolverase dende o 1 de xullo do 2022 ata o 31 de agosto do 2022, en quendas de 15 días naturais. A quenda 1 será do 1 ao 15 de xullo, a quenda 2 do 16 ao 31 de xullo, a quenda 3 do 1 ao 15 de agosto e a quenda 4 do 16 ao 31 de agosto do 2022.

o horario será de 9.30 a 13.30 horas, e luns a venres. Para aquelas familias que por motivo exclusivo de conciliación precisen traer aos/ás seus/súas fillos/as antes do comezo do campamento, amplíase o horario de entrada de 9.00 a 9.30, neste tempo as crianzas serán custodiadas e vixiadas pero non terán actividades.

A sede do campamento será o Pavillón Polideportivo Municipal de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas se fará uso doutros espazos ou instalacións próximas a el.

Ofértase un total de 200 prazas repartidas en catro quendas de 50 prazas cada unha e o prezo da quenda será de 10 euros por participante.

As persoas interesadas deberán achegar a folla de inscrición ás oficinas municipais, de 9.30 a 15.00 , ou a través da sede electrónica do Concello de Barreiros ata ás 15.00 horas do último día do prazo correspondente. A preinscrición remta o 15 de xuño, a lista oficial publicarase o 16, as reclamacións poderán facerse o 17, a lista definitiva será o 20 de xuño e a formalización das inscricións poderán facerse do 21 ao 23 de xuño.