Skip to main content
Barreiros

Vilamartín Pequeno, en Barreiros, organiza a I Festa do Requeson

Por 11 Xuño, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Vilamartín Pequeno, no Concello de Barreiros, organiza a I edición da Festa do Requeson, unha festa gastronómica que se celebrará o sábado 18 de xuño.

Esta festa, de gran tradición noutras comarcas, repartirá racións deste manxar ademais de contar cun xantar para todos os asitentes.

Este menú constará de entremeses, polbo con cachelos, carne asada, pan, sobremesa, requesón, café e chupito, e todo elo por 25 euros por persoa para adultors e 12,50 euros para nenos de 7 a 11 anos.

Para asistir será necesario anotarse chamando aos teléfonos 629 355 906 ou 659 948 252.