Skip to main content
Barreiros

Barreiros oferta para o verán diferentes actividades deportivas

Por 28 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros volve ofertar para os meses de xullo e agosto diferentes actividades deportivas para movidade e persoas adultas.

As actividades terán lugar no pavillón municipal de San Cosme e estarán impartidas por Lorena Díaz e Luis Lavado. Terán un prezo de 15 euros ó mes cada unha delas.

Dentro da oferta deportiva haberá ioga, zumba, ximnasia de mantemento e jumping fitness, tanto para mocidade como para xente adulta na que será, segundo Dani García, concelleiro de deportes, “o punto de saída cara a vindeira programación anual de actividades deportivas para todas as idades”.

Xa está aberta a inscrición e será ata cubrir praza e realizárase nas oficinas municipais en horario de 9.30 a 15.00 horas.

Toda a información así como a documentación para formalizar as inscricións estará dispoñible na web aescola.concellodebarreiros.gal