Skip to main content
Burela

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela convoca o concurso do cartel da XXXVI Feira do Bonito

Por 1 Xuño, 2022Xuño 2nd, 2022Sin comentarios

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela comunicou que xa está aberto o prazo para o concurso do cartel anunciador da XXXVI Feira do Bonito.

Esta nova edición que se celebrará os días 6 e 7 de agosto, contará co apoio do Concello de Burela, empresas e institucións que habitualmente colaboran para levar adiante a Feira do Bonito.

O concurso conta con dúas categorías, A, ata 14 anos, e B, maiores de 14 anos. O encabezamento do traballo será XXXVI Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración.

A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son 15×20 cm para a categoría A, e 50×65 cm para a B.

Os orixinais poden entregarse ata o día 20 de xuño de 2022 no local social da Sociedade Cultural Ledicia situada no rua do Ril número 4,  de xeito persoal os luns entre as 21.00 e as 21.45 horas. Tamén poderase enviar por correo contactando con algunha persoa da xunta directiva.

Premiarase un traballo por categoría, así o gañador da categoría A será para o programa de man, e o da categoría B para o cartel anunciador da Feira. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio dia da celebración