Skip to main content
Burela

O PP de Burela pedirá no Pleno que o Goberno modifique a Ley de Costas para a implantación de empresas no porto

Por 2 Xuño, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Burela presentará no Pleno dúas mocións “para defender os intereses da nosa vila”. O voceiro, Manuel Rouco, explica que a primeira delas se relaciona coas “xustas e lícitas reclamacións que nos seu día nos trasladou a ACIA e que xa temos defendido en múltiples ocasións no pleno coa frontal oposición do goberno e o BNG”.

“É o caso do estudio dunha posible nova localización do mercado semanal dos venres para tratar de reverter o fiasco que supuxo para a dinámica social e económica que supuxo por parte do goberno do señor Llano o seu traslado cara a zona de Torrentes, a pesar das múltiples advertencias que recibiron por parte do Grupo Municipal Popular”. Así mesmo, o voceiro popular sinala “a baixada das taxas” tantas veces defendida pola formación popular como un mecanismo para revitalizar a actividade económica e que non foi apoiada no pasado nin polo goberno de Llano nin polo BNG do señor Pillado culminando o despropósito coa subida das taxas na última ordenanza aprobada polo alcalde”. Sobre a limpeza das rúas e beirarrúas, Rouco manifesta que “o incremento salvaxe do custo do contrato da recollida do lixo e limpeza viaria foi totalmente inxustificado porque non se reflicte esa subida na mellora do servizo”.

Por outra banda, os populares explican que levan ao pleno deste xoves outra moción para instar ao Goberno a modificar a Ley de Costas que está a lastrar o futuro inmediato da nosa vila ao imposibilitar a execución da empresa de salmón que se quere implantar no porto; xa que os informes previos emitidos dende o Ministerio invaden as competencias autonómicas nesta materia.

Deste xeito, “o Grupo Municipal Popular volve a ser a única formación que leva iniciativas ao pleno da corporación para ser alternativa ao inexistente proxecto que ten o equipo de goberno do señor Llano para Burela”.