Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

David Rial dirixirá ao Pescados Rubén masculino

Por 30 Xuño, 2022Sin comentarios

Xa se ocupou a vacante do posto con David Rial, un xoven adestrador de fútbol sala, con experiencia e formación das mellores escolas de adestradores e xogadores do panorama nacional.

Ten reputada experiencia como adestrador no primeiro equipo do Santiago Futsal, dirixindo ao combinado santiagués en segunda división española desde o 2019 ao 2021. Antes da súa etapa como técnico principal xa era 2º adestrador do equipo un ano antes.  Tamén tivo experiencias no estranxeiro, pois foi adestrador asistente nos Bork Bullets kitakyushu da F League de Xapón. 

David, deixou o seu pasou en primeira división  exercendo de adestrador asistente do Santiago Futsal entre 2015-2018.

Por último, cuestión moi importante é que ten experiencia na dirección de equipos con novos talentos, tanto en elite como en categorías formativas. Neste punto, chegou a ser seleccionador galego U19. 

Desexamos que David deixei a súa huella no Clube, conseguindo todos os obxectivos posibles e levando ao equipo á senda do éxito.