Skip to main content
Cervo

O BNG de Cervo di que seguen producíndose verquidos de augas residuais sen depurar

Por 3 Xuño, 2022Xuño 6th, 2022Sin comentarios

O BNG de Cervo vén de informar que seguen producíndose verquidos ao mar de augas residuais sen depurar na zona da Atalaia en San Cibrao.

A EDAR de Cuíña iniciou o seu funcionamento en 2015 para recoller augas residuais de San Cibrao, Lieiro, Espiñeirido, Rio Covo, O Guioncho, Viladesuso, Gondrás e Galdín. “Supostamente debería resolver os problemas de contaminación por vertidos sen depurar ao mar. Pero non.
É coñecido en San Cibrao e vivendas da zona do Penal e o Porto quedaron sen conectar á rede”, din os nacionalistas.

“O feito é que sete anos despois da posta en funcionamento da rede de saneamento, depuradora e emisario, os vertidos seguen producíndose sen que o Concello gobernado polo PP de Cervo fixera nada para solucionalo”, engaden.

“Foron casi sete millóns de euros e algúns mais porque entre a finalización do tanque de tormentas e a posta en funcionamento do sistema algunha parte da infraestrutura fallou e foi necesario investir mais diñeiro público para reparala”, din dende o BNG de Cervo.

Por iso desde o grupo político reclámanlle ao Concello de Cervo solucións aun problema “enquistado que provoca danos medioambientais graves, malestar da veciñanza, e unha imaxe penosa do noso Concello”.