Skip to main content
Cervo

Cervo convoca un curso de monitor de tempo libre

Por 3 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Xuventude e de Educación, que dirixen Denise Galán e Dolores García Caramés, respectivamente, vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo V,  dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 35 anos.

Tal e como apuntaron as concelleiras, o curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”. 

As persoas interesadas en participar deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 18 de xuño na Casa da Cultura ou no Concello. 

O curso comezará o 1 de xullo e prolongarase ata o 19 de agosto; será en horario de 9:00 a 15:00 horas. As prazas son limitadas.