Skip to main content
Cervo

Xa hai gañadores do XII concurso fotográfico Cervo Respecta 2022

Por 12 Xuño, 2022Sin comentarios

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregaron os premios aos gañadores do XII certame de fotografía Cervo Respecta nun marco natural e patrimonial incomparable como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

En total participaron 38 instantáneas e os gañadores recibiron como agasallo unha figura de cerámica de Sargadelos.

O xurado, constituído por especialistas na materia, deliberou que o primeiro premio fora para Amencer de Marcíal Fernández Bellón, e o segundo fora Luna, tú que lo ves, de María Carmen Vale Ramos.

Así mesmo concedeuse un Top Cervo á mellor fotografía dalgún paraxe do municipio Reflejos del amanecer en el faro de Consuelo Fra Fernández. E unha mención especial para as persoas usuarias da asociación Saúde Mental A Mariña, polo seu traballo en equipo.