Skip to main content
Cervo

A pista de skate de San Cibrao ampliarase para contar con distintas áreas

Por 21 Xuño, 2022Xuño 22nd, 2022Sin comentarios

A pista de skate de San Cibrao, en Cervo, verase mellorada proximamente cunha achega de 36.300 euros para a súa ampliación e acondicionamento. 

O orzamento total da obra ascende a 51.800 euros e permitirá sumar novos elementos para a práctica de skate no parque Raíña Sofía, que recibe a multitude de afeccionados a este deporte procedentes de toda a contorna. Así, está previsto instalar unha pista de patinaxe con obstáculos elevados e con formas tipo mini ramp que conecten coa pista actual. Constará de distintas áreas orientadas tanto a principiantes como a usuarios máis expertos. 

Grazas á colaboración entre as administracións autonómica e local será posible executar esta actuación que enriquecerá a oferta de instalacións deportivas e de lecer no municipio de Cervo.