Skip to main content
Cervo

Nova edición do Voluntariado miúdo de Cervo

Por 30 Xuño, 2022Sin comentarios

Volve unha nova edición do Voluntariado miúdo de Cervo, un proxecto de acción dirixido a rapaces de entre 12 e 15 anos de idade,

Dado o éxito de participación da primeira edición o Concello decidiu levar a cabo unha segunda edición. Haberá prazas limitadas polo que compre anotarse ou solicitar información na casa da cultura ou chamando ao teléfono 691 65 66 00.

O obxectivo xeral do proxecto de voluntariado é poñer en práctica a implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social.