Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

O Campus de Basket Entrenós de San Cibrao xa está en marcha

Por 30 Xuño, 2022Sin comentarios

O IV Campus de Basket Entrenós xa está en marcha en San Cibrao. O evento deportivo organizado pola asociación deportiva e cultural EntreNos coa colaboración do Concello de Cervo, reúne a medio cento de mozos e mozas e prolongarase durante toda a semana, desde o 26 ata o 2 de xullo.

O rexedor, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, visitaron aos/ás participantes e ao corpo técnico no Pavillón da Veiga que é o escenario principal no que se desenvolve o Campus, que é en réxime interno e está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).

O rexedor, Alfonso Villares, quixo felicitar a toda a familia Entrenós por sacar adiante unha nova edición en tempos nos que a oferta lúdica-deportiva se multiplica e convidou aos/ás participantes a que aproveiten ao máximo a experiencia, a que desfruten do basket, e tamén, no tempo libre, de todos os atractivos que ofrece o Concello de Cervo, e que están á súa disposición.