Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A exposición A Mariña Somerxida chega a Foz

Por 15 Xuño, 2022Xuño 30th, 2022Sin comentarios

A exposición A Mariña Somerxida vai estar aberta en Foz, no centro de Interpretación da Mariña ou Cenima e en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

A mostra fotográfica que poderase ver ata o 30 de xuño, é obra de Hugo Fernández e Carlos Gil , está composta por cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo.

É unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida.

O visitante poderá así coñecer a arte dos oficios mariñeiros e as diferentes formas de vida ligadas ao mar; a importancia dos  seus recursos e os incribles habitantes do mesmo.

Pretende ser un referente para a concienciación e divulgación mariña; xa que para poder conservar o patrimonio natural e as especies únicas que temos nas nosas augas, primeiro é necesario coñecer o que vive somerxido na Mariña.