Skip to main content
Foz

O obradoiro Terras do Ouro rehabilitou unha ponte no paseo do río Ouro en Foz

Por 18 Xuño, 2022Sin comentarios

O alumnado da Escola Obradoiro Terras do Ouro 2021 procedeu á rehabilitación dunha ponte no paseo do río Ouro, que salva o aliviadoiro da canle pola que Foz se abastece de auga. 

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca “o bo facer dos alumnos e alumnas do taller e dos seus mestres, que eliminaron un cruce ben perigoso no límite entre as parroquias de Fazouro e Santa Cilla, xa que o anterior paso estaba en moi mal estado de conservación. Están traballando moi ben, con gañas, á vista está. Grazas a este obradoiro de desbroce e traballos forestais están aprendendo un oficio que demanda postos de traballo. Ademais, polos traballos adicionais que se inclúen para a mellora de camiños puideron arranxar esta ponte. Estámoslles todos ben agradecidos por ofrecernos unha vía segura nun entorno extraordinario como é o deste paseo”.

Fran Cajoto engade que “o Concello de Foz segue co compromiso de formar persoas e ofrecerlles unha saída laboral, para o que solicitou á Xunta de Galicia un novo obradoiro de forma conxunta con Alfoz e O Valadouro para o vindeiro curso, neste caso de xardinería”.