Skip to main content
Foz

Pe do Molete prepara un ano máis a súa fogueira de San Xoán

Por 20 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

Os focegos poderán asistir un ano máis á tradicional fogueira ou cacharela de San Xoán na noite do xoves 23 ao venres 24 de xuño.

A festa, que será na rúa Corporacións Municipais, contará co pregón de Salustiano Alonsos Escalera ás 13.00 horas que dará comezo ao día de celebración.

Despois haberá sesión vermú con DJ Molete residente, e un xantar a base de paella que terá un prezo de 5 euros por ración. Xa pola tarde, ás 19.30 horas, será a actuación das nenas do grupo O Feitizo e acto seguido DJ Banana Jose seguirá animando a festa.

Xa a partir das 20.30 horas haberá churrasco, chourizo, pan e viño, por un prezo de 10 euros, ao que tamén se entrará nun sorteo. Pola noite tamén se poderá desgutar unha taza de queimada por 2 euros.

Toda esta cea estará amenizada polo Feitizo e o seu Baile de meigas, o acendido da fogueira, e a música de Moletriz e disco móbil Moletes e DJ Banana.

Esta festa é posible co apoio de Pé do Molete, o Concello de Foz e a agrupación O Feitizo.