Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

Boa actuación do padexeiro focense Xoel Docal no Campionato Galego de Pista

Por 21 Xuño, 2022Sin comentarios

Boa actuación do padexeiro focense Xoel Docal nesta pasada fin de semana no Campionato Galego de Pista celebrado en Berducido.

O padexeiro que ten a súa residencia en Barcelona por motivos laborais, realizou un excelente campionato ao alcanzar finais en todas as probas que participou, quedando sétimo no  K1 1000, a piques de alcanzar a medalla de bronce no  K2 500 que perderon por 0.08 segundos co seu compañeiro Albert Liberal, e por fin, o terceiro posto no  K4 500 xunto cos seus compañeiros  Javito, Marcos e Diego.