Skip to main content
Lourenzá

Lourenzá celebrará a III Festa Campesiña o 19 de xuño

Por 17 Xuño, 2022Xuño 19th, 2022Sin comentarios

Este domingo 19 de xuño chega a Lourenzá a III Festa Campesiña, que se celebrará no Campo dos Bolos e contará con xogos, obradoiros e artesanía.

Manuel Arango, concelleiro de Cultura, anuncia que “o programa inclúe actuacións de música e baile tradicional, obradoiros, postos de artesanía e alimentación, sesión vermú e festa campestre, xantar e tasca, entre outras moitas cousas. En todas estas actividades colaboran distintas asociacións do Concello”.

A rexedora municipal invita “aos veciños e veciñas e a todas as persoas que se acheguen ese día a Lourenzá a que o fagan caracterizados de campesiños e campesiñas para acadar que a festa teña a aparencia das festas que se celebraban en Galicia hai un século”.

Para abrir boca, o día anterior, sábado 18, ás 20.30 horas actuará na Praza do Conde Santo a Rondalla Trovadores de Ares.