Skip to main content
Lourenzá

Lourenzá acollerá esta tempada estival a Escola de verán

Por 20 Xuño, 2022Sin comentarios

Lourenzá acollerá esta tempada estival unha nova actividade de ocio para os cativos, a Escola de verán, na que terán actividades de sendeirismo, manualidades, obradoiros, deporte, etc.

A escola será os meses de xullo e agosto en horario de 9.30 a 13.30 horas con posibilidade de ter horario de madrugadores. Está enfocado para nenos de 3 a 11 anos e contará con monitores titulados.

Para máis información pódese chamar ou mandar un WhatsApp ao teléfono 646 337 863 para resolver as dúbidas.