Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo acollerá os días 8 e 9 de xullo as grandes festas na honra de San Cristovo

Por 24 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

Mondoñedo acollerá os días 8 e 9 de xullo as grandes festas na honra de San Cristovo e que contará con música e animación para todos os asitentes.

A xornada festiva dará comezo o venres 8 de xullo coa música do dúo Épo-K e dunha discoteca móbil. Xa o sábado 9 haberá unha procesión de vehículos polas rúas de Mondoñedo e a bendición dos mesmos, todo elo a partir das 11.30 horas.

Ás 13.00 horas será o oficio relixioso, seguido da procesión e a sesión vermú a cargo de D’Nika Music e unha discoteca móbil Onda Norte.

Dende a organización informan de que contarán cun espazo para merendas para que os asistentes poidan levar os seus porpios xantares.