Skip to main content
Mondoñedo

Mañá comeza o II Encontro Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo

Por 30 Xuño, 2022Sin comentarios

No marco do II Encontro Álvaro Cunqueiro que se celebrarán mañá venres día 1 e o sábado día 2 de xullo, encádrase a actuación do escritor, actor e dramaturgo Cándido Pazó que terá lugar na praza da Catedral.

Mondoñedo acollerá dende mañá unha nova edición do curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título de II Encontro Álvaro Cunqueiro. Cunqueiro e familia.

O curso, no que colabora tamén o Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, conta amais coa axuda do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo.

Este II Encontros Álvaro Cunqueiro terá lugar no Auditorio Pascual Veiga, onde se reunirán ao longo de dúas xornadas unha trintena dos mellores especialistas na figura do grande escritor mindoniense.

Nesta serión pretendese vincular a figura de Cunqueiro con diversos escritores e artistas tanto galegos coma peninsulares e internacionais cos que o autor mindoniense amosa un forte vínculo. As conferencias e relatorios complementaranse con actividades como recitais ou presentacións de libros, que proxectarán o universo cunqueirián na voz dos poetas e músicos e nas obras que o iluminan.

O programa completo destas xornadas pode descargarse no enlace anterior, e as persoas interesadas en anotarse poderán facelo na páxina oficial do Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela seguindo o seguinte vínculo.