Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol organiza un curso de seguridade no fogar de persoas con demencias

Por 2 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso de seguridade no fogar de persoas con demencias co obxectivo de mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral; proporcionar os coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar; Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

Este curso será o 10 de xuño de 2022 no edificio Multiusos ás 16.30 horas e para participar será necesario reservar praza a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais ou chamando ós teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457.