Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol organiza un ano máis a Ludoteca de Verán para nenos

Por 14 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10.30 a 13.30 de luns a venres.

O prazo de inscrición comeza o día 15 de xuño e rematará o día 23 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (27 de xuño) para persoas non empadroadas. As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 15 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección: registro@concellodeourol.es

O lugar de recepción e recollida de nenos/as participantes na Ludoteca de Verán será no Pavillón Municipal.
Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Así mesmo, contarase cun servizo de conciliación de 8.00 a 10.30 horas e de 13.30 a 14.00 para aquelas familias que acrediten a necesidade do mesmo. Este servizo será xestionado dende a Casa da Cultura polo que para calquer información e solicitude de praza deben chamar ós teléfonos 982 559 019 ou 608 694 051.

Para máis información sobre a Ludoteca de Verán pode contactar co Departamento de Servizos Sociais no teléfono 982 559 109 ou no 677 489 457.