Skip to main content
A Pontenova

O lugar de Acebro, na Pontenova, organiza as festas na honra de San Antonio

Por 4 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O lugar de Acebro ubicado na parroquia de Santo Estevo de Rececende no Concello da Pontenova organiza as festas na honra de San Antonio os día 10 e 11 de xuño.

Pola noite do venres 10 haberá unha churrascada popular servida polo Bar Sarredo ás 22.00 horas para a que haberá que retirar os tickets de asistencia no hotel San Briz antes do martes 7 de xuño. Xa ás 23.30 horas será a verbena amenizada polo grupo Lume.

O sábado 11 haberá unha misa solemne ás 13.30 horas, e despois unha sesión vermú coa orquestra Stereo.