Skip to main content
A Pontenova

O Sporting Pontenova prepara unha cea de fin de tempada

Por 11 Xuño, 2022Xuño 17th, 2022Sin comentarios

O Sporting Pontenova organiza unha cea gala para o venres 17 de xuño no local das sociedades con motivo do fin de tempada 2021/2022.

A festa comezará ás 22:30 horas e constará dun menú para adultos con empanadas, arroz caldoso, carne asada, sobremesa e café; e un menú infantil con entremeses, tortilla, pizza, e sobremesa infantil.

Tamén haberá inchables gratuítos para os máis cativos e sesión vermú antes de cear a partir das 21.30 horas.

Para reservar hai que mercar os vales no Lar de Balbina e teñen un prezo de 12 euros infantil e 20 adulto antes do mércores 15 de xuño á noite.