Skip to main content
Ribadeo

O parque de San Francisco de Ribadeo acollerá a 1ª Feira do Mercado Social

Por 2 Xuño, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

O parque de San Francisco acollerá a celebración da 1ª Feira do Mercado Social o vindeiro 18 de xuño. O obxectivo desta actividade é promover a rede local de comercio e consumo no concello de Ribadeo, achegando e fomentando este modelo económico e informando sobre el a toda a poboación”. 

Con esta feira o Concello de Ribadeo súmase ao compromiso de afianzar na economía social, un modelo económico que ten en conta o medio ambiente, o equilibrio e a equidade nas súas actividades e nas relacións económicas,  que busca establecer unhas condicións laborais dignas e xustas e fomentar a cooperación fronte á competencia.

A feira contará coa presenza de varias entidades de economía social, que se achegarán cos seus produtos e proxectos para amosar máis de cerca a súa actividade a todas as persoas interesadas. A maiores, ao longo do día, persoas de todas as idades poderán gozar das actividades programadas desde as 11 da mañá, hora de apertura da feira, ata as nove da tarde, que será cando se clausurará. Haberá exposicións, mapa de solidariedade internacional sobre consumo, varios obradoiros e tamén haberá lugar para o lecer e o disfrute cunha sesión vermú ás 13.30 horas e con ludoteca e circo pola tarde.