Skip to main content
Ribadeo

A Aula CeMIT, de Ribadeo, impartirá dous cursos presenciais

Por 6 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, impartirá dous cursos presenciais os días 15 e 16 de xuño. O día 15 terá lugar o curso sobre Pagos en Internet. Falarase sobre como facer pagos a través da banca electrónica, pagos en comercios electrónicos, a través de PayPal, con exemplos de usos cotiáns.. Tamén se explicará a seguridade que hai que ter con estes  sistemas así como recomendacións ou consellos para non caer en posibles estafas.

E o día 16 será o curso sobre APP`s sobre relatos e audiolibros, que hoxe en día están acadando maior mercado. Explicarase como descargar libros nos dispositivos e a procura de diferentes temáticas. Introducirase aos asistentes tamén ao mundo sobre relatos en chat e informarase do seu uso.

Calquera dúbida poderá ser despexada no mesmo curso mediante roldas de preguntas.

As prazas son limitadas. O prazo de inscricións estará aberto ata o último día dos cursos, sempre que non se esgoten as prazas. As persoas interesadas en acudir a estes cursos poden anotarse no teléfono 982120732 e no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal