Skip to main content
Ribadeo

Comezaron as obras de construción da pista multideporte de Ribadeo

Por 7 Xuño, 2022Sin comentarios

Estes días dan comezo as obras de construción da pista multideporte nuns terreos localizados entre a avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros.

Logo dunha licitación longa e complexa a obra foi adxudicada á empresa Zona de Obras O Rosal, que terá agora un prazo de execución dun máximo de 6 meses polo que se prevé que no outono poida estar rematada.

O proxecto contempla a construción dunha pista multideporte para fútbol, para baloncesto e para voleibol duns 1.000 m2. Tamén contempla outra pista de skate con gradas de máis de 1.400 m2, así como unha zona para a práctica da calistenia. Loxicamente contemplase zonas arboradas, de xardín, zonas de paseo, un moderno sistema de alumeado, etc. para que esta zona de reunión sexa útil durante todo o ano. En total actuarán nunha superficie de máis de 7.000 m2 nos terreos municipais da mazá interior entre a avenida de Galiza e as Rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros, xa que están así establecidos no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal para este tipo de finalidades.

Toda esta actuación ten un custo económico de 460.000 euros e para o que contamos con unha importante achega da área de Deportes da Deputación de Lugo.