Skip to main content
Ribadeo

María Lamas, usuaria do Hospital Asilo de Ribadeo, cumpre 100 anos

Por 11 Xuño, 2022Sin comentarios

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, visitou o Hospital Asilo para facerlle entrega a María Lamas Carreira dunha placa conmemorativa en nome da Corporación Municipal de Ribadeo. Esta muller cumpre hoxe 100 anos e celebrou esta data tan especial xunto á súa familia e ás compañeiras e compañeiros do Hospital Asilo, soprou as velas, compartiron tarta e contaron con actuación musical. 

Mónica Freire felicitou a María Lamas, a usuaria máis lonxeva do Hospital Asilo. Acompañou á concelleira nesta visita José Luis Gegunde, traballador social do Concello.