Skip to main content
Ribadeo

Comezaron as obras do novo aparcadoiro no centro histórico de Ribadeo

Por 14 Xuño, 2022Sin comentarios

Deron comezo as obras de creación dun aparcadoiro no centro histórico da vila, entre a Rúa Nova e a Rúa do Pipelo creado cun investimento da Deputación de Lugo duns 44.000 euros.

O proxecto, que contará con financiamento da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, permitirá habilitar 70 prazas de aparcamento a carón do centro histórico, a escasos metros do Pazo do Ibáñez.

O casco vello, como todos os conxuntos históricos teñen problemas para lograr aparcamentos de vehículos e por iso queren buscar solucións para facilitar o aparcamento tanto á veciñanza coma os visitantes en xeral e reducir o tránsito de vehículos nas rúas do casco histórico.

Na execución das obras contémplase a limpeza e afirmado das parcelas, que teñen unha lixeira pendente, coa retirada da terra vexetal. A parte da superficie acondicionada pavimentarase só con saburra (zahorra) para habilitar as prazas de aparcamento, en tres filas e corredores centrais.

O proxecto permitirá habilitar 70 prazas de aparcamento a carón do centro histórico e a escasos metros do Concello. Este novo servizo virá resolver  situacións de incomodidade para moitos veciños residentes facilitándolles un espazo de aparcamento próximo ás súas vivendas.