Skip to main content
Ribadeo

A residencia de Ribadeo celebra o seu terceiro aniversario

Por 15 Xuño, 2022Sin comentarios

Cúmprense tres anos da apertura do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo. Os usuarios destas instalacións puideron compartir cos asistentes un paeritivo no xardín amenizado coa coa habanera Casiñas Brancas. Un dos residentes foi o encargado de facer as brasas e preparar o churrasco. 

Dende o Concello subliñan que “se ve que se irradia alegría e felicidade e que están funcionando como unha familia que son, teñen a súa familia fora de aquí destas portas, pero eles aquí son unha gran familia. Estas 47 prazas de homes e mulleres, que están atendidas por 29 profesionais, que é un ratio altísimo, e que fan desta residencia un dos mellores modelos que para nosoutros como goberno municipal de Ribadeo loitamos moito, igual que con toda a cidadanía no seu momento, para conseguir esta residencia, que funciona moi ben e que sexa un exemplo a onde debemos tender as administracións, como é a Deputación de Lugo e o Concello, a colaborar, a cooperar para facer cousas tan bonitas e tan importantes para a cidadanía como é este centro de atención ás persoas maiores de Ribadeo”.