Skip to main content
Ribadeo

Entregados os premios do XV Ribadeo de Tapeo

Por 15 Xuño, 2022Sin comentarios

O salón de plenos do Concello acolleu a entrega dos premios da décimo quinta edición do Ribadeo de Tapeo e que se celebrou entre o 14 e o 22 do pasado mes de maio.

Os gañadores do xurado profesional recolleron os seus agasallos, e foron Chámalle Estopa (1º premio), Queimada (2º premio) e El Oviedo (3º premio), O Alén recibiu o premio á tapa de Ribadeo, e os gañadores do público que foron a mellor tapa para a preparada polo Marinero e a mellor barra para o Queimada. Todos recibiron un diploma, unha figuriña conmemorativa (unha sardiña) e un mandil.

Novo tapeo dos gañadores

Os locais gañadores (Chámalle Estopa, Queimada, El Oviedo, O Alén e Marinero) servirán de novo as súas tapas este xoves, 16 de xuño, entre as 20.00 horas e as 23.00 horas. Será como durante o Ribadeo de Tapeo ao prezo de 2 euros. Unha parte da recadación terá fins solidarios, xa que irá destinada á familia ucraniana que chegaba o pasado mes de maio á vila.

No acto tamén foron entregados os agasallos sorteados entre aquelas persoas que realizaron algunha das rutas do Ribadeo de Tapeo e depositaron os seus boletos selados nas urnas instaladas nos máis de 30 locais participantes.

Na Zona 1 os agraciados foron:

  • Unha cea para dúas persoas no Restaurante Costa Verde por cortesía deste establecemento. Fátima Dorado Rodríguez (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas en Lolo´ka Cocina Viajera por cortesía deste establecemento. Cristina Santamarina Sánchez (Ribadeo)
  • Unha Comida/cea de arroz caldoso con lumbrigante para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento. Daniel Prieto Sierra (Ribadeo)
  • Un “Menú Parador” para dúas persoas no Parador de Ribadeo por cortesía deste establecemento. Sandra María Guedes Pinto (Ribadeo)

Na Zona 2 os premiados foron:

  • Unha cea para dúas persoas en O Alén por cortesía deste establecemento. Manuela Pérez Rubio (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas en La Solana Ribadeo por cortesía deste establecemento. Ana Belén Posada López (Ribadeo)
  • Unha comida ou cea de arroz caldoso para dúas persoas en La Quinta Ribadeo por cortesía deste establecemento. Naroa Penedo Rodríguez (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas no establecemento Restaurante Náutico por cortesía de Turisgalicia. Lucía Arias Posada (Ribadeo)

Os premiados na Zona 3 foron:

  • Un menú degustación a determinar polo establecemento para dúas persoas en Vinoteca Fumarel por cortesía deste establecemento. Belén Machado Martínez (Ribadeo)
  • Unha comida ou cea de paella de marisco para dúas persoas en RestauranteLa Flor de Josepor cortesía deste establecemento. Efrén Súarez Vega (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas no Prohibido por cortesía deste establecemento. Raquel Nogueira Trigo (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento. Julio López Formadela (Chantada)

Na Zona 4 resultaron agraciados:

  • Unha cea para dúas persoas no Araucaria Gastronómico por cortesía deste establecemento. Ramiro D. Bustos (Ribadeo)
  • Un picoteo para dúas persoas en O Indiano por cortesía deste establecemento. Jaime Jesús Fernández González (Ribadeo)
  • Unha cea para dúas persoas en El Rincón do Gordo por cortesía deste establecemento. Enrique Eiros Rodríguez (Ribadeo)
  • Unha comida ou cea para dúas persoas por valor de 50 € no Hotel Restaurante Voar por cortesía deste establecemento. Blanca Sánchez Sampedro (Ribadeo)

Na Ruta Tapeo 16 os afortunados foron:

  • Yoneidis Martín Martinez (Tapia De Casariego) – Premio que inclúe:
    Un estoxo regalo de vermú Arnao (2 botellas+2 vasos) por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián). Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento O Piano. Dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar o mes xuño ou xullo por cortesía deste establecemento. E un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento.

 

  • Carmen Oural Llano (Coruña) – Premio que inclúe:
    Un estoxo regalo de vermú Arnao (2 botellas+2 vasos) por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián). Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento O Lar de Manolo. Dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar o mes xuño ou xullo por cortesía deste establecemento. Un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento.

 

  • Elisa Álvarez Iglesias (Ribadeo) – Premio que inclúe:
    Un estoxo regalo de vermú Arnao (2 botellas+2 vasos) por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián). Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento A Cova. Dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar o mes xuño ou xullo por cortesía deste establecemento. Un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento.

 

  • Ignacio Álvarez Pérez (Tapia De Casariego) – Premio que inclúe:
    Un estoxo regalo de vermú Arnao (2 botellas+2 vasos) por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián). Cheque por valor de 50€ por cortesía de A Bugalla. Dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar o mes xuño ou xullo por cortesía deste establecemento. Un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento.

 

  • Borja Prieto González (Castropol) – Premio que inclúe:
    Un estoxo regalo de vermú Arnao (2 botellas+2 vasos) por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián). Cheque por valor de 50 € por cortesía de A Bugalla. Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Delicatés
    Dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar o mes xuño ou xullo por cortesía deste establecemento. Un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento.

 

  • Na Ruta de Tapeo Express o premiado foi: Ibon Díaz García ( Bizkaia)
    que recibe: Unha estancia para dúas persoas no Hotel Fogar do Mariñeiro por cortesía deste establecemento. Un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento A Mareta.