Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo elaborou un proxecto para actuar en nove escolas e dous teleclubes

Por 15 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello quere dar un novo paso de impulso a todas as infraestruturas das parroquias, singularmente das escolas e teleclubes xa que moitas das súas estruturas estaban demasiado vellas. Por iso vén de elaborar un proxecto para actuar en nove escolas e en dous teleclubes. 

Agora presentarán o proxecto á Deputación de Lugo para conseguir un convenio extraordinario de colaboración para sufragar unha parte moi importante destes 178.000 euros que, segundo o proxecto, vai custar modernizar e amañar a escola de Couxela, de Noceda, de Piñeira, de Piñeiro, de Remourelle, de Vilaosende, de Vilaselán, de Vilela, de Vilaframil e tamén os teleclubes de Vilamariz e de Vilaosende.

Nalgúns casos hai que mellorar as carpinterías de exteriores, noutros hai que pintar as fachadas, noutros hai que amañar por dentro e por fora, noutros hai que eliminar as goteiras, noutros temos que meter mobiliario e nalgúns temos que meter todo isto.