Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo denuncia que o alcalde impediu investir en catro antigas escolas rurais

Por 17 Xuño, 2022Sin comentarios

O PP denuncia que o alcalde Suárez “impediu investir 70.000 euros da Xunta en catro antigas escolas rurais de Ribadeo, para firmar pola porta de atrás un convenio coa Deputación”.

O goberno de Ribadeo “prefire que o seu Concello perda investimento antes que recibilo da Xunta de Galicia“, di o voceiro popular, Daniel Vega. “O caso da mellora das antigas escolas rurais é un claro exemplo do sectarismo co que actúa o goberno local”.

Vega explica que “os veciños non puideron arranxar as súas escolas. Tiveron que devolver máis de 70.000 euros á Xunta porque o Goberno do BNG prohibiu este investimento, porque o alcalde chamounos directamente para  dicirlles que non podían investir ese diñeiro, algo que solicitaran eles”.

O portavoz dos populares sinala “a Xunta, hai máis dun ano, tería este asunto resolto. Investiriamos máis de 70.000 euros nas escolas de Vilaselán, Rinlo, Cubelas e Arante. Tiñamos máis investimento en catro que o que presenta agora o BNG coa Deputación, no total das escolas. Isto chámase traballar e xestionar o orzamento en consenso cos veciños, non como fan eles: confrontar, anunciar algo que colle por sorpresa aos veciños, que non saben moi ben que van a arranxar e resolver, porque durante 16 anos non o fixeron”.

Os populares din que “agora, porque un grupo municipal se reunira con eles e íamos investir nas escolas, íamos resolver estes problemas, tivemos que devolver o diñeiro, porque o goberno do BNG, o alcalde,  prohibiu este investimento, de máis de 70.000 euros”. 

Vega aclara “agora, pola porta de atrás, firman un convenio coa Deputación e din que van resolver o problema. Chámase sectarismo político. A pregunta é: Por qué coa Deputación si e coa Xunta non? Por que arranxan agora,  sorprendentemente agora; dende que nós íamos resolver o problema, anuncian un investimento”. 

No PP din ao Goberno local “van a rebufo e sábeno, pero nós imos seguir traballando, xestionando orzamento, para que nas parroquias haxa investimento; en breve anunciaremos máis investimento para o noso Concello”.