Skip to main content
Ribadeo

Eo Alimenta organiza unha sesión informativa en Ribadeo

Por 21 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

O vindeiro xoves, 30 de xuño, ás 19.00 horas no Espazo Apego da Casa de Cultura, de Ribadeo, terá lugar a presentación pública da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sustentable do Eo. 

En dita presentación participarán persoas representantes dos diferentes axentes que impulsan o proxecto Eo Alimenta: persoas produtoras, concellos, persoas consumidoras, grupos de desenvolvemento rural, universidade e sindicatos agrarios. 

Pola súa banda, tamén asistirán representantes do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo, organismo que financia o Festival da Alimentación Sustentable do Eo, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro en diferentes espazos da vila de Ribadeo. “Dous días que aunarán ocio e concienciación en torno á alimentación de proximidade e agroecolóxica, a través de diferentes actividades e propostas (concertos, obradoiros, performance, catas, feira, etc.) que darán respostas aos principais retos que afrontamos na actualidade en relación ao modelo de produción, distribución e consumo de alimentos”, explican desde Eo Alimenta. 

A Estratexia Alimentaria Eo Alimenta, que será presentada ese día, elaborouse participativamente durante a primeira fase do proxecto, e consiste nun documento con 11 medidas e 33 accións para impulsar o consumo de proximidade, a produción agroecolóxica e a sensibilización en torno á importancia dun modelo de alimentación de proximidade para a nosa saúde. 

Eo Alimenta comeza agora a súa fase de implementación, nun contexto sociopolítico que pon de manifesto a necesidade de avanzar cara modelos de produción, distribución e consumo de proximidade que poidan resistir a inestabilidade da economía global.