Skip to main content
Trabada

Unha alumna da Universidade de Vigo realizará prácticas en Trabada alén do programa Campus Rural

Por 2 Xuño, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Deportes e Saúde de Trabada, Rubén García, recibiu á alumna da Universidade de Vigo que realizará durante tres meses prácticas no Concello. 

O Concello de Trabada solicitou a participación no Programa ‘Campus Rural’ de prácticas universitarias no medio rural, unha iniciativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e as universidades públicas españolas. 

Este programa permite que os universitarios de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas, curriculares e extracurriculares en entornos rurais. 

O concelleiro Rubén García recibiu á alumna procedente da Universidade de Vigo, que está a estudar Dirección e Xestión pública e vai realizar as prácticas no concello durante tres meses. 

Durante este período, a alumna residirá na antiga escola de Vilapercide, rehabilitada e equipada polo actual equipo de goberno, xa que un dos requisitos do Programa ‘Campus Rural’ é que o alumnado debe residir no propio municipio donde realice as prácticas. 

“Dende o concello valoramos de forma moi positiva esta iniciativa do goberno de España porque promoven a formación e a experiencia dende o rural; isto contribúe a que os estudantes universitarios visibilicen as oportunidades que hai no rural”, engadiu Rubén García.