Skip to main content
O Valadouro

Cabaleiros do Ouro e o Concello do Valadouro asinan a cesión da pista de andadura

Por 8 Xuño, 2022Sin comentarios

Asinouse o convenio entre o Concello do Valadouro e a Asociación Ecuestre Cabaleiros do Ouro para  a cesión a esta da Pista de Andadura, situada na zona dotacional do concello a  carón do Campo de Fútbol e que xa se aprobara en Pleno.

Ao acto de sinatura do mesmo asisitiron o tenente alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro e o presidente  da Asociacion, Miguel González Martínez. “A posta en funcionamento desta  infraestrutura construída hai dez anos e que por diversas circunstancias caera en  desuso nos últimos tempos, deste xeito, e coa colaboracion de Cabaleiros do Ouro,  colle valor outra vez e volverá a ser un referente no deporte ecuestre na Mariña e  en Galicia” manifestou o concelleiro de deportes, o nacionalista Eliseo Teijeiro. 

Esta pista de andadura que no seu día foi a primeira construída en Galicia volverá  a recuperar o seu esplendor albergando múltiples eventos con actividades de  ocio relacionadas co mundo ecuestre e o medio ambiente.

Neste sentido tamén  se pronunciaron o presidente da Asociación Miguel González e o tenente alcalde Eduardo Chao quen recordou tamén que a posta en funcionamento da pista era un dos puntos do programa da súa formación política, o BNG, nas últimas eleccións municipais.