Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro acollerá un ano máis o seu programa estival de actividades Ludiverán

Por 22 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello do Valadouro acollerá un ano máis o seu programa estival de actividades Ludiverán e que está orientado a rapaces nados entre o ano 2010 e o 2018.

Terán preferencia, sempre por rigurosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 28 de xuño, recoméndase que a inscripción se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica ou e-mail cultura@valadouro.gal) se non é posible farase en persoa nas oficinas da Casa da Cultura con cita previa no 982 571 516 ext.1 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres.

Formarán parte do programa aquelas solicitudes que cumpran, por orde, os seguintes requisitos: alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que soliciten todo o período do programa, despois os que non soliciten todo o período do programa, despois os inscritos nos que os pais traballen e estean empadroados e soliciten todo o período e logo os que non pidan todo o período.

A lista de reserva serve para cubrir as prazas que queden vacantes ó longo da programación. E as actividades realizaranse entre os días 4 de xullo e 1 de setembro (laborables) entre as 10.00 e as 13.00 horas, deixando 10 minutos de marxe para acceder(10:10h) e 5 antes da hora de saída para liberar a instalación.

O lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal do Valadouro e o patio de xogos (agás o parque infantil) do CEIP Santa María. En momentos puntuais programaranse pequenas excursións para coñecer o medio na que ningún inscrito acudirá só.