Skip to main content
O Valadouro

Inaugurada no Valadouro a mostra Unha nación, unha selección

Por 26 Xuño, 2022Sin comentarios

Inaugurouse a exposición Unha  nación, unha selección organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta coa  colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o  obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes  para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero. 

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testimonio fotográfico que abarcan desde  as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos  días, donde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional  e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz, Ribadeo e Barreiros. 

Asistiron á presentación o tenente alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro, o representante de Vía Galega Anxo Martínez, e representantes de  clubes da localidade. A exposición pode visitarse a partir de hoxe na rúa Xosé Antonio  Ferreiro González, a carón da piscina municipal, e durante dúas semanas. 

PROPOSICIÓN NON DE LEI

Desde Vía Galega levan adiante tamén unha recollida de sinaturas para avalar unha  Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir  oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas, porque Galiza é unha  potencia deportiva que brilla con luz propia, sendo referente mundial en moitos  deportes e conta con deportistas e medallistas olímpicos e olímpicas, campións e  campioas europeas a nivel mundial.