Skip to main content
O Valadouro

As instalacións deportivas do Valadouro adáptanse ao horario estival

Por 29 Xuño, 2022Sin comentarios

As instalacións deportivas do Concello do Valadouro adáptanse ao horario estival. Así a piscina municipal abre as súas portas desde día 1 de xullo e ata o 31 de agosto con entrada de balde e en horario de 12.00 a 20.00 horas cunhas instalacións remozadas e con dous vasos, un de xuvenil e adultos e outro de infantil.

Tamén o ximnasio municipal modifica os seus horarios de cara ó verán para poder disfrutar do bo tempo e abrindo as súas portas de luns a venres de 19.00 a 23.00 horas e os martes e os venres de 10.00 a 13.00 horas.

Uns prezos económicos para poder disfrutar del por 10 euros ao mes individual, e 9 ao mes máis por cada familiar que forme parte do bono e se se decide ir por días soltos, o prezo será de 2 euros o día.

Para obter máis información para facerse socio hai que porse en contacto coas oficinas municipais no 982 574 000 de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres e para cuestións técnicas e de horarios hai que pasarse polo propio ximnasio.