Skip to main content
Vegadeo

A LVII Feira de mostras de Vegadeo será esta fin de semana

Por 7 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O recinto feiral de Vegadeo acollerá en xuño unha nova edición da Feira de mostras, que este ano chega a súa LVII edición.

Esta feira celebrarase os días 10, 11 e 12 de xuño e previsiblemente contará con polbeiras, xogos para os máis pequenos e moitas actividades para os asistentes así como os expositores.

Esta feira acollerá unha exposición de Pony Shetland, unha de cans raza mastín así como unha Mostra de Razas Autóctonas do Principado de Asturias como son o Vacún Asturiana de los valles, equino Asturcones, Cerdo Asturcelta, Oveya Xalda e Cabra Bermeya.

Así mesmo, para amenizar a feira as orquestras Alma Latina e Grupo Arizona deleitarán aos asistentes coa súa música. Tamén estará o magnífico grupo de música tradicional Acibreira para alegrar todos os días de feira coas súas gaitas.