Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo acolle do 4 ao 8 de xullo un curso de iniciación ao kaiak

Por 27 Xuño, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

O Concello do Vicedo acolle do 4 ao 8 de xullo un novo curso de iniciación ao kaiak que será gratuito e está destinado a todos os nenos e mozos do municipio.

Poderán participar nel os maiores de 10 anos empadroados no Concello e conta con 10 prazas polo que compre reservar chamando ao teléfono 982 59 01 95.

O horario do curso será de 17.00 a 19.00 horas e poderase desfrutar da ría, das praias, do río Sor e toda a contorna natural do Concello sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.