Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro saca a licitación a Cantina do Parque Pernas Peón

Por 2 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro saca a licitación o contrato de arrendamento da Cantina do Parque Pernas Peón e informa que o prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 20 de xuño.

Estas instalacións de titularidade municipal poden destinarse a algunha das seguintes actividades: restaurante, bar ou cafetería. A duración do contrato de arrendamento fíxase en 15 anos, establecéndose unha posibilidade de prórroga por un prazo máximo de 5 anos, por mutuo acordo entre as partes antes da finalización do prazo máximo inicial establecido.

Os licitadores, para a presentación das súas ofertas, durante o prazo de presentación, poderán poñerse en contacto co servizo de contratación do Concello de Viveiro (teléfono 982560128), para a inspección e comprobación da edificación.