Skip to main content
Viveiro

Volve o Band Contest do Resurrection Fest

Por 7 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A organización do festival viveirense confirmou que volve o Band Contest, un concurso no que 3 bandas de España, Francia e Portugal terán a oportunidade de formar parte do cartel da edición do Resurrection Fest de 2022.

Haberá varias fases, as bandas que queiran participar terán de prazo o venres 10 de xuño inclusive para anotarse e entre todas as participantes, a organización seleccionará as 15 finalistas.

O 15 de xuño abrirase unha votación popular na que as dúas máis votadas pasarán a ser gañadoras e ademais, haberá un xurado profesional que valorará e decidirá que banda debe ser a terceira gañadora.

As votacións pecharanse o 22 de xuño e o día 23 a organización anunciará nas súas redes sociais as bandas gañadoras que formarán parte do cartel do Resurrection Fest Estrela Galicia 2022.

Podedes consultar as bases do concurso en www.bandcontest.resurrectionfest.es.