Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A festa chegará á parroquia focega de Vilaronte coa celebración das súas patronais

Por 4 Xuño, 2022Xuño 25th, 2022Sin comentarios

A festa chegará á parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, os días 18, 24 e 25 de xuño no que celebrarán as súas patronais en honra a San Xoán.

O sábado 18 de xuño e a partir das 20.30 horas será a lectura do pregón a cargo da veciña Uxía Pedreira. Ao finalizar celebrarase unha gran churrascada popular.

A xornada do venres 24 comezará ás 13.00 horas coa misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz, seguida de procesión. Ao finalizar os actos relixiosos, sesión vermú a cargo da orquestra Principal, formación que tamén amenizará a verbena da noite acompañada polo dúo Son II.

O sábado 25, a última xornada festiva, comezará ás 13.00 horas coa celebración da misa solemne, seguida de procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo do grupo Fusión e chegada a noite gran verbena a cargo do grupo citado anteriormente e o grupo Beatriz.