Skip to main content
Axenda Caducada

Abre o prazo de inscrición no campamento de verán de Bóveda

Por 5 Xuño, 2022Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

As actividades van destinadas a cativos con idades comprendidas entre os 4 e 13 anos.

 

O Concello de Bóveda ofrece ata o 10 de xuño a oportunidade de anotarse no seu campamento estival. As trinta prazas dispoñíbeis serán outorgadas segundo a orde de inscrición. Non ben, terá preferencia a xente  empadroada no municipio.

O campamento comezará o 1 de xullo e rematará 0 30 do mesmo mes. Ao longo desta tempada, entre as 9.00  e as 14.00 horas, os nenos poderán gozar de múltiples actividades. Entre elas, haberá unha gran variedade de xogos, obradoiros, deportes, manualidades  etc. A meirande parte delas serán realizadas nas instalacións do concello.

Todo aquel que desexe realizar a súa inscrición ou pedir máis información deberá chamar ao  982426177. Asemade, tamén poderá contactar mediante o enderezo electrónico: cultura@concellodeboveda.com