Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Comezan hoxe, na honra de San Antonio, as festas en Bolmente

Por 10 Xuño, 2022Xuño 14th, 2022Sin comentarios

As festas de Bolmente, organizadas pola Asociación de Veciños, durarán de hoxe ao 13 de xuño.

As celebracións de Bolmente, na honra de San Antonio, dan hoxe o seu pistoletazo de saída. Concretamente, esta noite haberá pancetada e verbena amenizada polo “Dúo Eclipse”. Xa mañá, ás 13.00 horas, está prevista a misa con procesión cantada polo “Grupo O Trícole”. A sesión vermú será levada a cabo polo “Dúo Estrellas” e na sesión da noite actuará o grupo “Os Parentes”.

O domingo a misa está fixada tamén para as 13.00 horas. “O Dúo Explosión” encargarase do vermú e a festa da tarde pertencerá ao “Dúo Explosión”. Xa o último día da xornada, o luns 13 de xuño, volverá oficiarse a Misa Solemne na honra de San Antonio á unha do mediodía.