Skip to main content
Axenda Caducada

A Fonsagrada convoca o seu IX Concurso de Tapas

Por 18 Xuño, 2022Xuño 25th, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada convocou hoxe a novena edición do concurso de tapas, co fin de incentivar, segundo o Goberno municipal, o “bo facer culinario dos cociñeiros locais”.

Con esta cita, buscan tamén contribuír a promocionar e potenciar a actividade do sector de restauración do municipio.

O evento celebrarase dende o martes 21 ata o sábado 25 de xuño, de 19.30 a 23.00 horas. Cada establecemento presentará unha tapa a concurso á que se lle dará un nome e cuxo prezo será de 2 euros.

Os clientes consumidores das tapas serán os encargados de elixir aos locais gañadores cos seus votos. Na valoración das tapas, terase en conta o mellor sabor e a mellor presentación.

Para iso, deberán dispoñer dunha cartilla que se recollerá en calquera dos establecementos participantes. O cliente deberá obter o selo do establecemento na súa cartilla, no momento da consumición.

Unha vez completado e cumplimentado cos datos persoais do consumidor, deberá depositalo nunha das furnas dos establecementos participantes para facer posible o reconto de votos.