Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

A festa do percebe de Rinlo será o 30 de xullo

Por 13 Xuño, 2022Xullo 30th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Rinlo, en Ribadeo, acollerá o vindeiro sábado 30 de xullo, unha nova edición da Festa do Percebe, onde todos os asistentes poderán degustar este exquisito crustáceo das costas galegas, a prezos inmellorables.

Desde primeiras horas da mañá os organizadores da festa, traballarán para elaborar os percebes na carpa que se instalará para a ocasión na lonxa.

Esta XVII Festa do Percebe únese ao calendario festivo da Mariña e ás demais citas gastronómicas que acolle a comarca durante a tempada do verán.